viernes, enero 21, 2011

Fernandito cedido o Dorrón.


A pouco mais dunha semana para que cerre o mercado de inverno, e tras o fichaxe de Afellay polo F.C. Barcelona e o posible traspaso de Van Nistelrooy o Real Madrid, o Dorrón situase o fronte da informacion deportiva cun sonado fichaxe.

Fernandito Poza, estandarte da entidade aurinegra dende a sua refundacion, que non estaba a entrar nos plans do adestrador, lastrado por continuas lesions e problemas de saude, o que lle impediu apenas, poder disputar tres encontros nas duas ultimas campañas, motivou que o interese do Dorrón, non caese en saco roto.
O da Carabuxeira en persoa foi quen negociou a sua saida do clube, pois o seu representante ata o momento e pai, Fernando Poza senior, desvinculouse do seu fillo, o entender que este fichaxe ia encontra dos seus princios eticos e morais.
Directamente Fernandito tratou coas duas partes, achegando posturas e limando asperezas.

O Dorrón, inmerso nunha profunda crise institucional, o borde do descenso, necesitado de efectivos, para tratar de revertir esta situacion urxentemente.O esforzo economico que esta a facer ata o momento, non esta dando o resultado esperado, o fichaxe de Julio Alarcón, semanas atras, como adestrador non causou o efecto desexado, e parece ser, que o numero de xogadores dispoñibles para os partidos e entrenos e cada vez mais escaso.E por isto que o conxunto granota, vese na obriga de peinar o mercado en busca de xogadores revulsivos e de contrastada calidade para intentar conseguir a salvacion nos partidos que restan.

Finalmente, acordouse que o mais beneficioso para as tres partes seria unha cesion ata fin de tempada, asumindo o Dorrón o cambio de residencia xunto coa elevada ficha do xogador ata o 30 de Junio, data na que volvera as disciplina aurinegra.
En termos economicos, esta cesión, suporá un aforro duns 20€ netos anuais en salario e ata 500€ de beneficio, en obxetivos, sempre e cando o Dorrón salve a categoria habendo xogado Fer en candomenos 5 encontros.

Fontes cercanas o xogador, afirman, que esta decision persoal, esta a provocar un gran malestar no seo familiar.Todo o mundo sabe, o que para a familia dos "Lobo" significa o Libertad S.C, todo o que apoiaron e apoian a este noso glorioso clube.
Dende esta redaccion poidemos saber que a sua nai xa lle advertiu, que se lle acabou o cocido dos domingos! e a roupa de entrenar terá que lavarlla a moza.Pola parte paterna, xa comentamos que se desvinculaba profesinalmente, ademais de retirarlle a palabra tamen queda fora da herdanza, pasando todo a mans do seu irman Felipe.
Compañeiros da reputada publicacion semanal ¿Que me dices?, tamen fanse eco do conflicto sentimental que esta decision lle pode acarrexar a parella.Todo apunta a que a sua noiva, non esta nada convencida coa idea de ter que cambiar de residencia.Pasar de vivir no centro da cidade, con todalas comodidades a man, a vivir Magalans e un cambio drástico o que é difícil acostumarse.

Esta prevista a presentacion oficial para hoxe venres, a partires das 21:00 no Bar Compadre de Dorrón.

Con esta nova cesión, a canteira do Libertad situase como referencia comarcal, pois da nosa entidade sairon xa, xogaddores coma Andro, Velay ou Jorge cara o Portonovo S.D, Pedro o Porteiro o Sp. Portonovo, Ivan e Gus o Dorrón, Borja Lopez e Anxo o Portonovo "B", Mourelos o Noalla, ... todos eles formados ou reformados na entidade aurinegra.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A Masia rexional, impresionante.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com