domingo, marzo 27, 2011

Amanecer 2 - Libertad 0.

Tarde anubrada nas Cachizas cun terreo de xogo extremadamente rapido.

O Libertad tratou de dar a sorpresa ante un dos firmes candidatos o ascenso, anque un tempraneiro gol dos de San Vicente, trastocarian o planteamento inicial do mister.
Cun once de contencion, tratando de buscar a velocidade de Beiro as espaldas da zaga meca, o Libertad trataba de asentar o novo dibuxo tactico.
Sen embargo, no saque dun corner cando corria o min.17 un grave erro na marca de Adrian, propiciaba o remate a pracer do seu interior, adiantandose no marcador.
Con este resultado iriase o descanso, tras un gran desgaste fisico.
Na reanudacion, e co 1-0 en contra o Libertad adiantou liñas, gozando de mellores oportunidades.
Un combativo Beiro, estivo a piques de cambiar o transcurso do partido, cando nun saque de curuncho, este remata de cabeza estrelando o balón na mesma escuadra para posteriormente botar na liña de gol.
O Amanecer entranlle os nervios, ante o peligro de este resultado, e alguns dos seus xogadores enzarzanse en qentes discusions entre eles mesmos dando unha pobre imaxe dun equipo que pelexa por gañar a liga.
Finalmente cando os nosos mais se achegaban a meta de Alejo, sobretodo en balons colgados polo noso especialista Dorado, chegaria o 2-0 nunha contra onde ata tres atacantes atopabanse en posicion ilegal, que o arbitro non sinala, e conseguen batir a pracer a meta de Cadornas.
Con ese marcador o Amanecer adicouse a administrar a renta, apesares de que o Libertad seguiu loitando con mais corazon que cabeza, nun gran esforzo fisico que finalmente quedou sen premio.

Esperanos a semana que ven outro gran duelo, contra o Zacande, que se estara xogando o ascenso directo e o que non llo imos a poñer nada facil.

Libertad:
Cadornas, Lemos, Rodri, Pechu(Basi m.79), Gainza, Suso(Papuchi m.73), Dorado, Adri(Fer m.46), Roxo(Makaay m.66), Bujy(Yerai m.46) e Beiro.

Entrenos martes, xoves e venres as 21:15 PUNTUALMENTE

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ahora a por el Zacande...nada de regalar el partido, vamos a correr como locos los 90 minutos...

Anónimo dijo...

Lástima xq estuvo ahí o empate! A entregarse a fondo o que queda de temporada!! e despois... copa qué!?

Map IP Address
Powered byIP2Location.com