lunes, noviembre 14, 2005

Libertad 7 - Salnés 6

Máis que memorable tarde a vivida onte no Municipal de Baltar de arriba, pra non olvidar(senón que lle pregunten os do salnés) donde acabamos vendo un resultado de futbol sala pero no que os nosos xogadores lle demostraron ó rival qué é o fútbol.O partido xa viña precedido dun ambiente "caldeado", a pesar das baixas temperaturas que nos azotaban, porque a tempada pasada o Libertad impúxose xustamente nos dous partidos que xogamos contra este "ekipo" (2-3 no seu campo e 2-1 á volta) e xa no partido de ida tivéramos un par de incidentes co nº 10, Benito Pomares, si ese que nos ensinou o grandes que ten as ourellas(vanche andar nelas), o cal tras recibir uns cantos adxectivos descalificativos tras unha par de feas entradas respondeunos lanzándonos unha lapada que caeu a escaso medio metro dos que alí presenciábamos o partido (arbi eso é expulsión) e logo matándose a correr por un balón ó que non chegaba nin o cameruneng Samuele'too pa logo darnos un chuflaso que diría Pereira que menos mal que nos cubrimos (que poña un comentario o q levou o balonazo). Así foi, e así llo estamos contando.
O libertad saiu ó campo demasiado relaxado, e así en tres xogadas a balón parado e despistes defensivos xa se sinalaba un 0-3 no electrónico que se reflexaba nas caras dos seguidores, que por un momento deron o partido por perdido. Pero ahí xurdiron as figuras de Rai e Candi que se fixeron donos do centro do campo, cunha defensa xa metida no partido e centrada, e o despertar de Migui en ataque e a loita de Fer, o Libertad fíxose dono do terreo de xogo e tras un fenomenal remate de Fer xunto cun caracoleo de Anxo na área e asistencia a Candi chegouse ó descanso cun 2-3 que ben puido ser un 3-3, pero aínda non se presaxiaba todo o que chegaría na 2ª parte.
Arricou o 2º tempo co troco de Jandro por Anxo, que fixo un bo partido pero que estaba sendo defendido con demasiada dureza para que puidese crear todo o perigo que soe facer; Jandro xa sabía o que había con este equipo e deixouse a pel sobre a terra para amargarlle o resto da tarde o 10 visitante cunha dura e intensa defensa e colaborando en ataque coas súas chegadas polo centro e a súa entrega. Pero a pesar do ben que se acabara a 1ª metade, a 2ª empezou igual, cun Libertad confiado e descentrado que acabou encaixando dous goles mais, unha contra e un de falta(Non foi a tarde de Maza, pero en declaración do propio porteiro ó final do encontro: "Mierda! mierda! mierda! ayer fue buena, pero esto no vuelve a pasar, a partir de ahora dejarse de parvadas y a por el Zamora, nada de arriesgar, y por alto, que estoy asta los huevos de que vengan contra mí, si le tengo q subir el pie a la altura de la cabeza del delantero o si le tengo que saltar por encima lo haré, ostia!") establecéndose así o 2-5 que parecía mataba o partido.
Máis o Libertad é un equipo que vale un collón e que lle bota moitos collóns se fai falta, e sen renderse e metidos de novo no partido, creando moito perigo pola banda esquerda na que Migui lle gañaba sempre a espalda ó lateral do salnés, mentras Candi e Rai o surtían de balóns, pola sua parte Fer roendo as pedras como na 1ªcena da tempada conseguiuse que o salnés se lle subiran ós testículos á gorxa, e coa axuda do seu porteiro que se comeu(notábase que lle gustaba moito) un balón por alto, acadáse o empate para delirio das gradas.....
Durou pouco a ledicia xa que un par de xogadas despois lograban o 5-6 nunha falta na que Maza se quixo adiantar ós pensamentos do dianteiro e foi sorprendido polo seu pau. Pero tanto xogadores como afección estabamos demasiado metidos no partido como pra baixar os brazos. Migui volveu a gañarlle a espalda ó lateral e tras un pase maxistral de Candi, encarou preto do corner ó defensor e sacou un precioso centro que Vi rematou á pracer.
A partir de aquí entrouse nunha dinámica na que calquer equipo podía haber levado a victoria, co salnés creando perigo a balon parado e o libertad intentando buscarlle ás cotas con balóns aéreo ó oco e buscando á Fer en punta. Pero, botándolle collóns e gracias a un balón roubado pola presión local, Emy pasalle o esférico a Borja que asiste dende a frontal cun pase ó pé a Fer que remata de primeiras establecendo o derradeiro 7-6 no marcador. Delirio nas bancadas e bágoas no equipo visitante, silencio por parte do nº de 10 e mala educación por parte do míster do Salnés, que saiú do campo insultando ó árbitro e non quixo dala mán a Emy despois de estar recriminando falta de educación por parte do Libertad(a iso chámanlle educación e saber perder, exemplo para os xogadores, ¡chao míster!).
Isto foi todo, aúpa o frente aurinegro e o Libertad!
HAY UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!!!
pa kasa kentes

goles:
1ºFernando,2ºCandi,3ºVieitez,4ºRai,5ºporteiro en pp.ja!!! a tiro de falta de Migui ,6ºVieitez e o 7º definitivo Fernando, o que abriu o marcador.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cierto....

Verídico....

Nito y Cisco fichados por ABN AMBRO...

Pasarán período de adaptación en Ciudad del Cabo.

Al ser el patrocinador del AJAX se les ofrece contrato como técnico y como lateral respectivamente en el Ajax de Amsterdam para la próxima temporada....

Seguiremos informando.

ABN AMRO
PRESS DEPARTMENT

Unknown dijo...

Spreed q dis!D aquí nadie se va y anuncio mi reaparición este fin de semana después de una grave lesión.Saudos!!!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com