viernes, noviembre 04, 2005

A verdade do acontecido no partido contra o Amaneser

Dende o Frente Aurinegro, e despois de recoller toda a información de relevancia entre colaboradores, afición e demais contactos, queremos expoñer o que realmente aconteceu o pasado domingo no noso campo fronte o Amaneser, para que logo non digan o contrario (quen nos diría fai un tempo que acabaríamos formando una muralla humana para protexer ó árbitro, e librarnos de que se formara un jaleo no noso campo e puidésemos sair sancionados).
O partido comezou con tranquilidade no campo, demasiada e así nos colleron en bragas no primeiro gol, cun arbitro que se mostraba caseiro pa sorpresa local (igual xa sabía o historial do Amaneser) ata que o novo míster Nito, que se atopaba detrás do bancoleiro posto que fora expulsado inxustamente polo pekeno gordo cabrón en Bamio, comezou a protestar alguna xogada e o banquillo do amanecer tisaba ó árbitro para que o expulsara de alí, e alí foi o homiño a apercibilo sen darse conta de que Nito estaba fóra como afeccionado e o único mister o domingo era Tono, mentres que no outro banquillo debía haber 4 delegados e a eles non os botou d'alí.
Dende ese momento o arbitraxe igualouse, deixando repartir cera para uns e outros, polo menos non pitaba o que lle daba a gana, un dos menos malos da categoría. Mentres na grada, catro individuos sen moas do xuicio quentábanos as orellas criticando ós xogadores do Libertad e insultándoos máis que animar ó seu equipo; o máis extraño e que a min personalmente máis me sorprendeu e que ninguén dos nosos afeccionados se lle dirixía nin pra amenazalos, nin insultalos, nin putealos dmostrando que de payasadas xa vale e que nunca empezamos nos os piques na grada, xa que animamos ó no so equipo, non imos por ahí descalificando, sólo si o piden. Pero tralo gol de Gus a incrible pase de Borja, a cousa foi a peor na grada, escoitándose pola nosa parte frases deses rapaciños como "rómpelle a perna a ese burro" e burlas directas ó libertad, foi entón cando se escoitou alguna réplica dos nosos como "si sube aquí ese burro ibas a ver" "coidado que non lla rompan a el" ou "deixade que acabe o partido haber quen ríe último".
Foi nese instante, e con 1-1 no marcador, cando o árbitro se comeu un penalti clamoroso por empurrón cometido sobre Jandro cando se dispuña a tirar(despois dunha galopada deste de 40m na que se levou a 3 defensas),para na xogada seguinte pitar unha falta de Cristian ó lateral da área por zancadillear ó contrario (o feito é que ante as protestas do Libertad o amaneser saliu rápido á contra e o noso defensa derriba o dianteiro grovense dentro da área meténdolle a perna pero tocando lixeiramente ó balon coa punteira). unha por outra q dirían. Resaltar tras esta xogada o cariño mostrado polo presidente do amaneser, o señor Bandido (y bastante),que lle debeu chamar unhas 30 veces mínimo "hijo de puta" ó árbitro, mostrando a educación que atesora.
pero foi coa entrada de Anxo cando se revolucionou o partido. o xogador, coñecido cariñosamente como "Pepita", foi posto por Tono no campo no lugar que debe xogar, de dianteiro (Eh, pero con esto no quiero decir que puedas salir andando al campo ni quedarte en un fondo sin bajar rápidamente con la defensa contraria, ni jalarte una croqueta antes de salir a calentar, hay que darlo todo siempre, no solo pa joder a los campeones del Pro jeje).
Achegábase o minuto 75 de partido, 75 minutos aturando ós pesados tizóns soltar insultos e burlas, cando estoitamos da súa boca a frase que sabíamos ían decir nalgún momento "vos sejide dando patadas, que xa teredes que vir alá", ó que mais de un lle respondeu con claro que imos, pero hai que destacar a resposta do noso ex-entrenador: "claro que vamos a ir, van a ir todos, que mierda dices, no ves que hay 22 monos en el campo que no están haciendo nada ahora mismo, pero vamos a ir allá igual, y como juguemos a algo vais a llevar una tunda peor que el 6-1 del año pasado, que llevamos 75 minutos aturando vuestras babosadas sin deciros nada y ya stamos asta los huevos." os pipiolos calaron a boca o resto do partido, solo unha señora que solo ela sabe o porqué lle respondeu: "eh eh, deixa de insultar que nadie dhe dixo nada a ti, o que pasa é que hay que darlle menos ó porrito", ó que o ex-mister lle respondeu: " pois si, debe ser o porrito, pero para todos, que de los 22 que hay en el campo la mayoría son drogadictos, de unos y de otros, pero por lo menos nosotros no montamos follón ni soltamos babosadas como llevamos aturando to el partido, y si no me cree hagale pruebas a los suyos, ya verá que bien se lo pasaron ayer, por lo menos nosotros a lo nuestro sin joder a nadie..."; a esto ninguén máis que esa señora respondeu ainda que xa se vía que ela mesma se dera conta de que defendía ós indefendibles. Pra pechalas bocas definitivamente e tras un "xa vos vale, aburridooooooos!!!", a grada case se ven abaixo alzando o grito de guerra do clube: "Hay un equipo que vale un collón, libertad!!" e fíxose o silencio ata o final do partido por parte da afección visitante.
Volvendo o terreo de xogo, no que ambos equipos estaban mais perdidos que Chicho en Romaní(no se si se escribe así, nunca estuve allí), tras salir á contra e caerlle o balón nos pes de Gus, Anxo, o pequeno xogador bascuence, que xa había dado mostras do que podía facer, recibiu un pase en profundidade maxistral do propio Gus, levouse por velocidade ó único defensa que se quedou con él, e cando encaraba ó porteiro o central faille unha falta no punto de penalti (penalti y expulsión) e sácalle a bota, a pesar do cal Anxo conseguiu facerlle un caño, puente, túnel o simplemente jodida putada, ó porteiro para establecer o definitivo 2-1.
A partir de ahí, tan só se escoitaban insultos dirixidos ó árbitro, co presi do amaneser á cabeza, e un pequeno incidente protagonizado polo encargado de seguridade, Alfonso Rotilio alias Lasa polas súas cualidades no deporte da canasta, lle pediu ó árbitro que botara fóra da valla a un tipo que estaba ó lado da portería do amanecer, feito recoñecido por Lasa como un erro, disculpándose co home o final de partido dándose conta de que debía haber ido a falar con él e pedirlle con tacto que saise do campo.Fin do partido, e aí vai toda a directiva do amaneser, algún xogador e os catro pipiolos da grada a comerse o árbitro, argumentando que o gol de Anxo debía ser anulado porque ó caérselle a bota debía pararse o xogo e pitar libre indirecto, a favor do amaneser!!!jojo, agora vóuvolo explicar: o defensa do amanecer pisa a Anxo e quítalle a bota, eso é falta e penalti, e logo, que se me esquecía de comentar, cando o porteiro lanzou cara o monte detrás da súa portería a bota do noso dianteiro, debía ser expulsado, así que aprendede primeiro a que xogades e non vaiades polos campos dos demais armando jaleos, xa que varios afeccionados e colaboradores do clube tiveron que evitar que entraran no vestiario do árbitro e que o agrediran incluso(que nos pediu que chamáramos á garda civil por si acaso, os cales se perderon o final do partido Vilalonga-Portonovo por culpa do amanecer jeje) , tendo que volver a escoitar que nos na nosa casa éramos moi gallitos pero que xa veríamos cando fóramos alá, se non queredes levar nas cachas sede un equipo serio e non ir buscando follón por ahí.

Por certo, fontes verídicas e con placa dixéronme que deses catro inividuos sin moas do xuizo, algún xa fora arrestado, outros multados e fichados, de sobra, así que esperamos atoparnos no partido de volta cun rival distinto que en lugar de ir a armar jaleo busquen xogar ó fútbol. E como gran noticia final, facer saber ós afeccionados do libertad que para ese partido fletaranse 4 autobuses subvencionados por Diego como agradecemento á mención da súa etapa dourada neste clube na nosa páxina, e un par de patrols da civil, se nos deixa a kalebo-Roca.Saúdos. ¡¡¡HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN!!! LIBERTAD!!!!"

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com