sábado, febrero 25, 2006

Libertad 1 - Amaneser 3


E comezamos portándonos ben co árbitro, pa que conste. Partido marcado pola actuación arbitral, que deixou ó Libertad con 8 xogadores despois de expulsar a Fox, Vieitez e Candi con vermella directa.
O partido comezou igualado pero cando o Libertad máis apretaba o colexiado comezou a sinalar foras de xogo non existentes, ata en 3 caras ocasións...un gol de Vieitez incluido, e un golpe no labio a Fox non sinalado, ata que na seguinte xogada nun balón ó que chega tarde Fox e amonestado con Vermella directa. Pasaron 5 minutos e nova expulsión directa a Vieitez por unha dura entrada, aínda que non máis das que se estaban vendo nos rivais. Ahí acabouse, co 1-0 o equipo intentouno pero ben con faltas non sinaladas ou foras de xogo inexistentes encargouse de rematalo. Así chegou o 2-0, en fora de xogo, e así se foi ó descanso.
Sinalar que o árbitro cagou por el ante ós gritos do afeccionados e non quixo salir ata que o acabaron convencendo de que non lle ía pasar nada(o que quería era que o enrabaran duro). Pero volveu ó campo e máis do mesmo, a pesar de que o Libertad conseguiu recortar, 2-1; tangana nunha falta na banda, o xogador do amaneser sen motivo agarra a Candi polo pescozo e zarandéao, éste sóltase e xa os nosos están a separalos cando o árbitro pita e expulsa ós dous xogadores ante a incredulidade das bancadas e do banquillo por tan descarada actuación. Con estas pouco puido facer o Libertad, encaixando o 3-1 por cansancio tras gañarlle o dianteiro a espalda á demensa. Nada se podía facer, entrou Cisco, que se mancou ó pouco e despois Iván tamén se "lesionou" para que se acabara xa semexante despropósito. Final do partido por non ter o Libertad suficientes xogadores (6 cos cambios todos feitos) e pa casa. Ó final foi trankilo pa casa o árbitro, pero xa lle acordará a allada.

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com