lunes, febrero 06, 2006

Beiramar 0 - Libertad 1

Partido pouco vistoso o visto ó lado da praia, con máis patadas que bos pases, e na que o colexiado volveu a permitir un xogo brusco e duro, éra un día de moito sol...
O Libertad saiu forte pola victoria, pero cun ritmo moi parado polas faltas poucas foron as claras ocasións vistas nesta primeira metade, agás un disparo a bocajarro de Chema no que arrugou mazo so ante o porteiro e algunha máis dun Fox moi motivado por moitos factores. Destacar a expulsión dun espeso Gus por dicirlle a un rival despois dunha dura entrada: " Tu eres subnormal o que?", roxa directa.
A segunda metade comezou igual ca primeira, ata que o equipo reaccionou e fixo un xogo rápido durante dez minutos que se traduciu na xogada do 0-1: bo pase en profundidade á banda onde Fox coloca un medido centro pa que Chema remate de chilena a pracer. A partires de ahí o beiramar intentou subir liñas, creandose perigosas contras a prol dos nosos que Chema seguiu faiando. A falta de 10 minutos Maza sae a por un balón por baixo e acabanlle clavando os tacos no muslo, tendo que abandoar o campo sen poder pisar, e pasando Rai a ocupala súa posición baixo paos, por sorte so tivo que despeñar un balón con puños... e victoria para o equipo aurinegro que esperamos signifique un novo despegue moral e de xogo e resultados.
A vindeira cita: o domingo en Baltar pra visita do Bamio.
Hai un equipo que vale un collón!!! LIBERTAD!!!

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com