lunes, diciembre 10, 2007

Barro 2 - Libertad 1.


Terceira derrota consecutiva para o Libertad, que non acaba de despertar do pesadelo do Eiriña.
Apreciose certa melloria na actitude dos nosos, pero o final non fomos quen de aguantar a minima ventaxa coa que se foi o descanso(1-0).
Xogaron de inicio Maza, Makaay,Cris,Ivan B. e Charlie na zaga, no medio centro Rodri e Ivan, nas bandas Jandro e Santi, e na punta Anxo e Migui.Na segunda saltaron Fernando,Gandara,Cons e Alex.
Foi Charlie o que adiantou os aurinegros os 5 min. cun bo remate de cabeza o saque dun corner, intres despois puidemos facer o 0-2, pero a fortuna esrta vez estivo esquiva.O Barro non se desanimou e seguiu dando a cara, dificultando moito a saida do balon por parte do Libertad, que tampouco facia por circular o esferico con criterio, cun futbol bastante emnarullado.Asi e todo chegouse o descanso co 1-0.
Arranca a segunda como a primeira, chegando o Libertad con certo perigo.No saque dunha falta o borde do area, despois de dous rexeites o balon traspasa a liña de meta, sen embargo e empanado do arbitro non se entera e non concede o gol.Estas son as imaxes do gol pantasma.

Da posible sentencia co 0-2, o Barro puxo mais ca nos e apesar de ir aguantando daquela maneira, mediada a segunda metade en 7 minutos fatidicos, pasamos do 0-1 o 2-1, despois de varios paradons de Maza.
E asi acabou o conto outra vez, dispuxose dalguna chegada o final, una man dentro do area que non volve a ver o trencilla e una posible lesion seria de Charlie no xeonllo, tras levantar 1 metro no aire a un xogador local.
Hai que seguir traballando, para encontrar o xogo que nos leve a senda da victoria.Animo chavales.

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com