lunes, diciembre 17, 2007

Libertad 6 - Verducido 1.

O Libertad volve a senda da victoria cun contundente 6-1, ante un floxo Verducido.
Saltaba de inicio un once renovado polas baixas, con Maza baixo paus, liña de 4 con Gandara,Cris,Ivan B. e Makaay, doble pibote para Ivan e Jorge, extremos Jandro e Fernando e en punta, inedita dianteira con Javi e Santi, ante a baixa do duo sacapuntos Anxo e Migue(anque ultimamente non as cheiraban).Esperaban a sua oportunidade Alex,Pedro,Angel e Pechu.
Para non variar seria o Verducido o primeiro en adianterse, cando non se levaban nin 5 min. ante una defensa descordinada nos primeiros compases.
Pero a reaccion non se fixo esperar, intres despois, un inspirado Javi Cons levaba a igualada o marcador.A partir de ahi o equipo da mostras evidentes de melloria, movendo con mais critereio o balon, o que se traduce en constantes chegadas as inmediacions do area.Nunha destas, boa individualidade de Fernando(Dena) que cun bo disparo co exterior consegue meter o balon axustadiño o pau no fondo das mallas(2-1).
Mais tarde seria Santi con outro gran gol, un chupinazo dende fora do area o que colocase o 3-1 no marcador.
O Libertad non baixou a intensidade e antes do descanso novamente Javi, tras una bonita triangulacion polo centro do area grande deixaria o electronico en 4-1, esta xogada costarialle a posteriori o troco a Javi Cons, tras o encontronazo co porteiro.
Xa na segunda, sen o lesionado Javi anque manifestamente contento tras o doblete(facia 30 anos que non marcaba dous goles nun partido) os aurinegros foron dando entrada os suplentes sen perder protagonismo no encontro.Seria Pedro, estrenandose como goleador lilaino, o encargado de subir o 5-1 o marcador tras una bonita vaselina, e xa nos intres finais Ivan volveria a batir por alto o desesperado gardamallas visitante e que deixaba o resultado final no 6-1.

Imos tentar seguir nesta liña, e para iso necesitamos do apoio de todolos compañeiros, aproveitamos dende aqui para mandarlle animos o lesionado Charlie, e animo tamen a Cristian que anda bastante baixo de moral estas ultimas semanas.Forza rapaces, que para a semana tocanos un oso duro de roer o Combarro.

O que non veña a entrenar queda sin chandal!!,avisados.
Hai un equipo que vale un collón, LIBERTAD!

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com