martes, diciembre 11, 2007

Puntos Master do partido contra o Barro

Mala racha que atravesa o equipo, inda que esta vez douse mellor imaxen ca nos dous anteriores partidos, a verdade é que o Libertad non chegou a dominar claramente o partido en ningún momento, debido a falta de presencia do medio campo en xeral, que moitas veces non gardaba a liña defensiva e outras deixaba demasiado solos ós dianteiros, e a falla de puntería cara gol.

Maza.-2...volveu facer uns cuantos paradons, aínda que nas saídas segue flaqueando.
Makaay.-1...ben en defensa, non atacou. Coa sua saída chegaron os goles.
Cris.-1...2 penaltis non pitados que fixo, aínda así omnipresente en defensa.
Iván.-1...ben colocado, coma Cris todo o partido pendente das contras.
Charly.-1...marcou o gol aurinegro (creo q se estrena). Pena de lesión, que non sea nada.
Jandro.-1...correu e loitou coma sempre ata que se retirou lesionado.
Rodri.-0.5...o mesmo da xornada pasada, perdido na media, nin gardou marcas nin sacou o balón con claridade. Necesitamos outra vez ó Ministro.
Iván.-0.5...a rachas. Desquiciado nalgúns momentos e ben outros, pode facelo mellor.
Santi.-0...cada vez con menos sangue. Ten que ter máis recorrido, crear perigo na banda e apoiar en defensa.
Anxo.-0.5...cada vez máis lento, nos recortes, pra dar o pase e pra encarar. Ten que volver a ser o que era e Migui máis él deben entenderse mellor no campo.
Migui.-0...fatal. Non lle sae unha. Ten que coller a forma rápido e protestarlle menos ós compañeiros, facer desmarques e non pedir o balón ó pe sempre, e desbordar que capacidade ten pa comerse ós defensas desta categoría.
--------------------------
Gandara.-0...entrou de lateral e foi unha coladeira, os dous goles chegaron por ahí.
Fernando.-0...non lle saiu nin unha. Pa máis inri fixo a xogada do 2-1.
Alex.-0...nada, hai que xogar como se entrena o mércores.
Javi Cons.-0.5...esta vez non acabou de meterse no partido xogando de medio, e perdía sempre a marca en defensa.


Veña, ánimo rapaces que non me gusta nada poner estas puntuacións...pero non me dades alternativa. Calidade hai de sobra pra estar cos mellores da categoría, pero hai xogadores importantes que deben coller a forma se queren chegar ó 1, e no campo hai que compenetrarse máis, volver a xogar coma un bloque.
Ánimo tios, que como mínimo, cuartos.
Hai un equipo que vale un collón!!!
LIBERTAD!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

xa non esta no libertad hellboy?

Anónimo dijo...

unha gran putada a de charlie, ten pa rato polo que me dixeron,esperemos que se recupere pronto, animo e sorte....

Map IP Address
Powered byIP2Location.com