domingo, febrero 10, 2008

Amanecer 1 - Libertad 3.

Esplendida tarde para disfrutar do deporte rei, que reportou unha nova victoria para os aurinegros.
A pesar do resultado, o partido non foi nada comodo, xa que seria nos ultimos intres cando se decidiu.A dificultad dos nosos para facer gol e o xogo barulleiro dos mecos, fixo que chegasemos o tempo engadido con empate a uns.
Na primeira metade, serian os locais os primeiros en adiantarse cun remate de cabeza a saida dun corner, que entrou mansiño o fondo das mallas, que defendia un inedito Jorge(estaba quentando para sair de medio centro), ante a baixa no ultimo intre de Maza.Sen embargo a resposta non se fixo esperar, e pouco despois, Ivan levaba a igualada o marcador, tamen no saque dun corner.
O resultado non se moveria xa ata o final da segunda metade, os dous equipos, bastante igualados en ganas e xogo, bastante pouco, este ultimo, foron consumindo o tempo de xeitos ben distintos, mentres que o Amanecer poñia todo o empeño en protestas o arbitro e embarullar o partido, o que lle acarreou 2 expulsions, o Libertad, sen moita claridade de ideas, iba aguantando o peso do partido, pero coma sempre, con pouca efectividade.Pero desta volta a fortuna estivo de cara, a falta de dous minutos para o final, Migui, como non de vaselina, batia o corpulento meta local.E para mais inri dos mecos, xa no desconto, penalti claro sobre Borja, que el mismo encargase de materializar.E asi co 1-3 rematou o conto, algun insulto que outro, que se che ofesco unhas ostias...

Cabe destacar o arbitraxe, que a pesar do que poidan pensar os do Amanecer, pareceunos dos mellores ata o momento, serio,dialogante,ben posicionado... hai que reconocello cando o fan ben.

Entrenos Mercores e Venres en Meaño as 21:00 de asistencia obligatoria.

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com