martes, febrero 12, 2008

Puntos Master del partido contra el Amaneser

Pouco hai que engadir á boa crónica que nos redactou Pechu. Decir que o Amaneser segue sendo o de sempre, pois os expulsados buscaron eles as tarxetas, encarándose cos nosos e buscando gresca nun partido bastante limpo, e cun árbitro que esta vez gañou o xornal e tan só se equivocou un par de veces e sin que significasen perigo.

Jorge.- 2...gardamallas por un día (que non o 1º), tivo pouco traballo que solventou sen problemas. Moi ben cos pes, no gol puido facer máis pero a defensa tamén debeu saltar ó balón.
Gándara.- 1.5...empezou ben e foi a menos fruto do cansanzo, pero aguantou sobrao as timidas acometidas locais.
Pechu.- 1.5...segue sen pasar moitos apuros ante rivais deste tipo, pero está baixando o nivel de xornadas anteriores.
Rodri.- 1.5... ben en defensa pero esta vez bastante mal a hora de sacar o balón, a miúdo a base de pelotazos pa'rriba.
Makaay.- 1... segue falto de confianza, por iso non da un bo pase. Eso si, loitou coma sempre.
Jandro.- 2.5... ademáis de aportar velocidade pola banda supliu moi ben a labor de Jorge na media na 2ª parte.
Iván.- 1.5... empezou impreciso e foi collendo ritmo, faltoulle baixar máis o balón.
ZIván B.- 1... frouxo en defensa, en ataque moveu con sentido inda que algo lento.
Santi.- 1... participou moito en ataque, inda que lle falta pa recuperar o se nivel, e sobre todo pegada.
Migui.- 2... tamén moi participativo, premio pra él e pro equipo ó marca-lo gol da victoria tras tanto tempo de sequía. Pero non nos relaxemos, que Ronnie tamén fai 1 bo e 3 malos.
Pedro.- 0.5... frouxo esta vez, ten que morder e molestar ós defensas, e ir forte a por todos os balóns.

------------------------------------------------------------------
Anxo.- 1...saiu pra darlle velocidade ó ataque e esta vez sí a imprimiu, e con poucas perdas.
Borja.- 0.5...impreciso, e sen sangue desde o principio. Tivo ocasións pra aumentar a súa conta goleadora pero tivo que ser de penalti, que non deixou tirar a Pechu.
Fer.- 1...tivo unha moi boa ocasión que errou ó rematar por alto, por chupar en lugar de ver só a Anxo pra rematar.

Pois isto foi todo amigos, neste embarullado partido, no que o mellor foi o reencontro de Migui co gol, esperemos que comece unha racha...
Próximo contra o Campelo...hai que roelo.

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com