miércoles, febrero 20, 2008

Puntos Master del partido contra el Campelo

De partido que pintaba goleada a triste empate...O Libertad dominou de principio a fin, aínda que o Campelo tamén dispuxo dun par de ocasións aisladas moi claras que errou, pero a falta de pegada do noso equipo provocou esta vez que un incrible erro de Rodri por non coordinarse con Maza significara o empate cando o árbitro xa tiña o pito na boca pra pitar o final do encontro.

Outro duro golpe esta tempada, que ten que servir pra aprender dos erros e seguir mellorando; o 4º posto ten que ser o mínimo, hai que demostrar que temos boa xente e somos un equipo.

Maza.-2... pouco traballo pero fixo un par de grandes intervencións. Tiña que pedila con máis impetu no gol visitante.
Gándara.-1... baixou o nivel ascendente que levaba. Notóuselle desfondado na 2ª metade.
Pechu.-2... outra vez moi ben, serio e seguro, a seguir así!
Rodri.-0,5... non fixo mal partido pero o seu erro significou perder 2 puntos. Ten que volver a ser o Ministro que todos coñecíamos.
Makaay.-1... na súa liña, nin destacou nin tivo moitos problemas esta vez.
Jandro.-2... tamén na súa liña, positiva. Gran 1ª metade.
Jorge.-2,5... o mellor. Impetu, entrega e distribuiu o xogo con acerto.
Fernando.-1... sempre lle bota collóns...pero poucas veces elixe a mellor opción co balón nos pes.
Angel.-2... moi participativo, movendo o balón con intelixencia. Pena de chut o longueiro...
Anxo.-1,5... recuperando a súa velocidade, e sen chupar de máis. Ten que seguir pra recuperar o seu nivel, e a vez algo de pegada, que fai moito que non lle vemos un gol.
Migui.-1... empezou con ganas pero esta vez non andivo fino, acabouse diluindo a medida que pasaba o tempo.

-------------------------------
Santi.-1... Tomás gardouno como revulsivo esta vez, e na liña dos compañeiros pouco resolutivo en ataque.
Ivan B.-1... e gracias, mal en defensa e desacertado en ataque, asi non ai Zivan...
Pedro.-1... poucos minutos e pouca aportación.
Borja.-0,5... tamén poucos minutos pero menos aportación aínda. Borjita que vamos a ter que levar a Arnold ós partidos de fora.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Look here

Anónimo dijo...

que hay de certo da noticia do foro arosafutbol en que tomas e o seu compañeiro do dena, poden vir para o libertad

Spree dijo...

q teñen ficha disponible se venen a entrenar e se comprometen co equipo.

Spree dijo...

q teñen ficha disponible se venen a entrenar e se comprometen co equipo.

Pechu dijo...

Eu e a primeira noticia que teño, pero por poder, todo e posible, e esta claro que xogar no Libertad un orgullo para calquera e mais ainda cando o noso entrenador e o tio de Tomas.
Pero bueno, estrañame moito que recalasen no noso clube, e se asi fose, adiante, todo o que sea mellorar.

Anónimo dijo...

cuartos como minimo decis,pero no estareis siendo un poco flipaos,jajajaajja,pejame a risa si pensades de kedar entres os 4 primeiro.os que viñades da outra categoria pensabades k esta era mais facil e xa vemos xa,mira o portonovo tamen,veña veña,que estades un pouco flipados

Map IP Address
Powered byIP2Location.com