lunes, diciembre 21, 2009

Combarro 2 - Libertad 2.

Tarde fria e resacosa para mais de algun xogador do Libertad, despois da farturenta cena de nadal da noite anterior.

De inicio formaron: Velay na porteria, Makaay, Pechu, Ministro e Lemos na defensa, no medio centro Victor e J.Martin, Beiro e Yerai nas bandas e Maza e Jorge en punta.Tamen xogarian Charly, F.Leñasos, Chuli e Tafa.

Os primeiros compases do partido, foi o Combarro quen levou a iniciativa do encontro, o Libertad pouco a pouco foi asentandose e entrando en calor para ter cada vez mais a posesion do esferico.Seria mediada a primeira parte, cando Yerai sacase un tremendo zambomazo a 15 metros da frontal do area que introducese como un fojete na escuadra local describindo unha fantastica parabola o autentico estilo da "folha seca", sen dubida dos mellores goles da tempada.Ata o descanso os aurinegros controlarian sen problemas o encontro.

Xa na reanudacion Jorge moi activo todo o partido consegue o 2-0 que daria tranquilidade.Co paso dos minutos o Combarro non parece ser capaz de facer dano nos seus ataques e o noso mister decide empezar a facer trocos que desestructuran o debuxo tactico impecable ata o momento.O equipo vense atras e cede terreo os azulons, que no min.30 conseguen acurtar distancias nun remate de cabeza dende dentro da area pequena 1-2.
O Combarro parece recuperar folgos tras o gol e asedian a area defendida por Velay, anque sen moita claridade nas suas accions.Indudablemente este non e o Combarro das ultimas campañas notaselle a falta de xogadores clave e ata a afeccion baixoulle considerablemente esta tempada seran un equipo de metade da taboa..Ainda asi unha falta botada maxistralmente por Figo dende a frontal colabase na meta de Velay que pouco poido facer 2-2.De ahi o final, o partido trocase mais tolo con idas e voltas nas duas areas chegando a ter as mais claras Yerai que por douas ocasions a piques estivo de desfacer a igualada de non ser polas grandes intervecions do meta local.

O encontro remataria co 2-2 e a sensacion de deixar escapar tres puntos facil.Positivamente o equipo parece entrar nunha dinamica ascendente, e esta demostrado que se conseguisemos ser mais regulares hai equipo de sobra para estar entre os 4 primeiros.

Entreno este martes na Lanzada as 21:00 e descansamos ata o martes siguiente.

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com