martes, diciembre 15, 2009

Libertad SC 1 Figueirido FC 4

Bo partido o presenciado no municipal da Lanzada nunha tarde soleada pero xélida, no que o resultado final non fai de todo xustiza ó visto no campo, pero de novo o mal endémico do Libertad, a súa falta de pegada, unido a unha fraxilidade defensiva que empeza a preocupar, axudaron a acabar coas ilusións aurinegras cando mellor estaba xogando.
Xogaron de inicio: Velay na porta; Lemos lateral dereito e Makaay esquerdo, con Rodri e Pedro centrais; Victor e Suso mediocentros, Maza por diante, Fer esquerda e Beiro dereita; Migui en punta. Na 2ª metade tamén xogaron: Yerai, Fernandito, Tafá, Pablo e Chuli.
O encontro non comezou nada ben pro Libertaad, que antes asentarse no campo xa habían encaixado o -1 nos 1ºs minutos. Antes da media hora chegaría o 2º gol visitante nun balón aéreo que Velay non pode atallar porque o dianteiro roxiblanco vai ó choque concha él sen que o árbitro sinale falta. A pesar deste revés o equipo estaba cada vez mellor colocado no campo, xogando o balón con bastante fluidez, aínda que pouca mordente arriba (evidentemente se notou a falta de Jorge, ó que lle damos a enoraboa polo punto que lle conseguiu o outro día ó Portonovo e pola media hora xogada onte), e resolvendo, aínda que con algunha dificultade, os balóns por alto que o vento envenenaba. Por sorte o arbitro non estimou coma válido un gol fantasma que sería o 0-3 e seguramente o fin do encontro.
No comezo da 2ª metade o Libertad segue mellorando, xa co vento á favor, pasando a dominar no 1º cuarto de hora e tras un par de boas ocasións chegaría o 1-2, obra de Rodri tras incorporarse ó ataque nunha bonita combinación con Suso. Co partido de cada, o Figueirido replegado, e no mellor momento local, un despiste defensivo acaba con Lemos entregándolle ó balón ó dianteiro que só ten que empuxala ante un impotente Velay. A pesar deste revés seguiuse intentando a sorpresa, o encontro entrou nunha fase de toma e daca na que o gol podría chegar de calquer bando, e coma case sempre nestes casos... un despiste, un balón que se deixa botar 3 veces, e un balón dividido que o dianteiro visitante consegue transformar no 1-4 chegando coa punteira antes que porteiro e defensa.
O peor do encontro a lesión de Pedro xa case ó final, que ten un esguince de rodilla e deberá gardar repouso un tempo.

En resumen un bo partido do Libertad que non merecía tanto castigo. Vaise recuperando a xente tocada e xunto coas novas incorporacións xuntamos 16 na convocatoria, cousa que estivo difícil nos últimos partidos.

Este sábado cena de Nadal... así que non fagades plans. Pronto máis información.

lunes, diciembre 07, 2009

Monteporreiro 3 - Libertad 4.

Tarde tipicamente invernal, a que nos dirixiamos cara Monteporreiro creendo que iamos inagurar o novo cespede sintetico do campo, e primeiro chasco da xornada, era de terra!!
O equipo arrastrando moitas baixas nestas ultimas xornadas formou con Andro na porteria, Lemos, Makaay, Rodri e Pedro en defensa, Velay e Victor no medio centro, Beiro e Fernando como interiores e en punta Jorge Ouvella e Yerai.Xagarian na segunda Tafa, Chuli e Pechu actuando de entrenador-xogador ante a ausencia do mister.
O comezo foi titubeante para os dous conxuntos, ningun chegabase a facer co control do partido e os aurinegros concedian ocasions en defensa.No saque dun corner, coma sempre, o Monteporreiro adiantabase 1-0(o noso marcaxe en xogadas a balon parado e desastroso).
A pesar de este golpe, a actitude dos nosos non se veu abaixo, e intres despois o noso goleador, Jorje(creo que xa van 7 chicharros) levaba a igualada o marcador 1-1.Pouco antes do descanso, esta vez Yerai, que estivo a un gran nivel, lograba o 1-2 cunha bonita vaselina.
Tras o descanso o equipo veuse arriba, e Fernado colocaba o balon na escuadra local tras un gran disparo dende a frontal do area 1-3.Minutos despois, Beiro lograba o 1-4 e todavia restaba media hora de partido.
Sen embargo cando o Monteporreiro parecia entregar a culler, o Libertad afloxou a intensidade e confiouse en exceso volvendo a dar facilidades na zaga.Seria froito doutra xogada a balon parado onde os locais recurtan distancias 2-4.Nos minutos finais os de Monteporreiro achuchan e conseguen tranformar un penalti tras unha man de Rodri no rechace dun corner 3-4.
E gracias a deus non houbo tempo para mais, algun pequeno incidente entre os bravos seguidores locais e o trencilla, e tres puntos para o noso casilleiro.

Entrenamos xoves e venres en a Lanzada.

lunes, noviembre 30, 2009

Libertad 1 - Portas 3.

Partido intenso, nunha desapacible tarde de domingo, onde o Portas, apesar dos avisos previos o partido, en 20 min. xa gañaba 0-2 coas miticas xogadas do saque de banda acumulando 20 xogadores no interior do area.
O equipo soubo reaccionar e Jorge trasformaba un penalti provocado por Migui.
Preto de chegar o descanso, cando os aurinegros mellor xogaban, un desgraciado incidente, facia que Jorge, o mellor dos nosos, tivera que abandonar o terreo de xogo en ambulancia tras recibir un fortisimo balonazo na cara cando estaba tendido no chan.Gracias a dios apesar do susto inicial, o dianteiro meañes atopase ben sen ningunha secuela mais alo dun ollo morado e o nariz inflamado.
Tras o descanso, e sen ter noticias de Jorge o equipo non sale coa misma intensidade e xunto cunha chuvia que caia xeada o Libertad enfriou, somente cun cambio no banco aguantamos o que poidemos, finalmente e gracias a unha excelente actuacion de Andro solo subiria un gol mais no casilleiro visitante.

jueves, noviembre 26, 2009

Eiriña 3 - Libertad 0.

Mal partido do Libertad, que con moitas baixais e xogadores tocados, viuse superado en todolos aspectos por un ben plantado Eiriña.

miércoles, noviembre 18, 2009

Libertad 5 - A Seca 2.


Tarde intempestuosa na Lanzada, cun terreo encharcado na primeira metade e fortes rachas de vento que facian dificil a practica do noso futbol de tiki-taka Salinas.

A pesar da amenaza de suspender o encontro por parte do trencilla, trala tromba de auga caida nos prolegomenos do partido, prevaleceu as gañas de xogar dos dous equipos.

Saltaron a defender a nosa camisola:Javi, Makaay, Pechu, Rodri, Victor, Juan Martin, Migui, Beiro, Tafa, Maza e Jorje.Tamen xogaron Charlie, Borja e Yerai.

O encontro foi entretido e tenso por mor das circustancias climaticas que facian imprebisible o comportamento do esférico.
Na primeira metade, co vento o favor, os aurinegros fixeronse mais rapido as condicions do campo e dominaron o choque, os de Pontevedra pola contra costaballe un collón pasar do seu medio campo.Pasado un cuarto de hora do partido, Miguelito con gran maestria botaba unha falta dende os tres cuartos de campo, que axudada polo vento(todo hai que dicilo), introduciase por toda a escuadra visitante.
Fruto do dominio local, Beiro, que esta sendo dos mais destacados nos ultimos partidos, logra batir o meta visitante, aloxando o balon novamente na escuadra cun maravilloso disparo co interior do seu pe esquerdo 2-0.
Chegariase o descanso con esta ventaxa, suficiente para non sufrir moito co vento en contra da segunda metade.
Sen embargo, todolos nosos pantasmas pasearonse pola Lanzada, xa que o pouco da reanudacion A seca recurtaba distancias cunha bonita xogada 2-1.
Afortunadamente a nosa resposta non se fixo esperar moito e Jorge, protagonista nesta segunda metade, devolvia a tranquilidade o marcador 3-1.
A Seca volcabase en ataque, intentando recurtar, pero as contras aurinegras cun Jorge rapidisimo en estado de gracia eran letais. Asi chegarian dous tantos mais do xoven dianteiro de Lores 5-1.Borja e Yerai de refresco na dianteira, tamen dispuxero de ocasions para mollar a palleta pero seria a A Seca o ultimo en marcar, tras o relaxamento local cunha gran xogada personal.

Destacados da xornada: Beiro; esta a un gran nivel e ademais marca goles.
Jorge; tras o fiasco de Cerponzons, hat-trick.
Javi Eiravella; as ausencias de Velay e Andro, propiciaron o seu debut na porteria, deixando moi boas sensacions.

Hai un equipo que vale un collon.

martes, noviembre 10, 2009

Cerponzones 2 - Libertad SC 1

Merecida derrota do Libertad, que pareceu pensar máis en ir á Luna que en disputar o encontro, estropeando a volta de Maza á portería ante as baixas de Velay e Andro, e o debut de Iván como mister tamén polas baixas de Javi (buscando reforzos nunha xira polo Mediterráneo) e de "Estiarte". Certo que había moitas baixas e moitos xogadores tocados, pero tamén é certo que os presentes non fixeron as cousas como saben, e como se lles pide.
Xogaron de inicio: Maza na portería; Lemos lateral dereito e Makaay esquerdo, Pedro e Rodri centrais; Victor e Juan na media, con Tafá máis adiantado, Beiro pola dereita e Fer na esquerda; e Jorge en punta. Tamén xogaron Yerai, Pol, Ziván e Pechu.
O equipo saiu bastante ben, cunha intensidade enganosa gracias á cal se despuxeron de 3 claras ocasións, erradas incomprensiblemente, pero a súa vez os balóns longos buscando as espaldas da defensa aurinegra creaban cada vez máis perigo pola descordinación visitante e a falta de contundencia, o que acabou provocando un desorde total no equipo e, tras errar a ocasión quizáis máis clara, o Cerponzóns pon o 1-0 na seguinte xogada. Tras o primeiro puideron meter 3 máis, todos da mesma forma, salvados unhas veces polo desacerto local e outras polo acerto de Maza.
Na 2ª metade o equipo saiu máis centrado, mellor colocado e con máis contundencia, co que se conseguiu dominar e encerrar ó Cerponzons atrás, quenes saían só con balóns longos, bastante ben resoltos neste periodo polos defensas aurinegros. A insistencia non tivo recompensa, pois os dianteiros non foron quenes de sobrepoñerse á dura defensa local, e de nova á contra nun erro defensivo coma os da 1ª parte no que a liña defensiva se descordina e non sabe se saír ou se marcar, deixando en superioridade ós dianteiros que porían un demoledor 2-o.
A insistencia logrou que tras un rexeite Rodri empalme un disparo que recortaría distancias, pero todo foi un espellismo xa que non se puido facer máis, co resultado definitivo de 2-1.
Unha pena tras a melloría mostrada contra o Barro, e cando se pensaba que todo o mundo tiña claro os erros que cada un debe correxir, e cómo se quere que se fagan as cousas, voltamos a repetir os erros do encontro contra ó Estación.
Todos e cada un dos xogadores deben mirarse ó espello e pensar friamente que é o que deben mellorar se non se quere repetir decepcións coma esta.
Agora hai que levantarse con máis forza e dar o dobre nos entrenos, que se pode facer moito mellor, e aínda temos unha aposta que gañar.
Vamos rapaces, ánimo, e a demostrar que HAY UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN.

martes, noviembre 03, 2009

Libertad SC 2 - Barro CF 1

O Libertad volve á senda da victoria nunha chuviosa tarde de Domingo na que o equipo volveu a notarse máis seguro e ben situado, recuperando o movemento de balón que se había perdido nos últimos encontros.
Saíron de inicio: Andro na porta; Lemos lateral dereito, Makaay esquerdo, Pedro e Cris centrais; Victor de pivote, Juan M. mediocentro, Fer mediapunta, interior esquerdo Beiro e pola dereita Iván L.; finalmente Jorge en punta.
Na 2ª metade tamén xogaron: Ministro (por Pedro), Charlie (por Fernando), Migui (por Iván) e Paul (por Beiro).
O Libertad comezou dominando o encontro, cousa pouco habitual últimamente, e esta sería a tónica de case todo o encontro. As internadas de Beiro e Jorge, máis algún centro de Iván, levaban a miúdo o perigo á portería visitante, e a loita de Fer máis a colocación e presencia de Victor e Juan M., que ademáis movía o esférico con moito criterio, conseguiron que o Libertad dominase o mediocampo. Correxidos erros pasados o dominio aurinegro incrementábase ata que Beiro recolle un magnífico centro de Iván e coa zurda manda o balón ás mallas. Puidose chegar buen cun 3-0 ó descanso tras grandes ocasións de Beiro e Jorge, ó que se lle nota que vai collendo ritmo de partidos tras a lesión no nocello.
Na reanudación o propósito era buscar un pouco máis a Jorge pra matar ó partido con balóns en longo á espalda da defensa, a pesar do cal as mellores ocasións chegaron igual que na 1ª metade con combinacións rápidas entre os xogadores máis adiantados. De todas formas sería novamente de cabeza ó saque dun corner que remata Juan M. (este ano xa levamos máis goles de cabeza que co pé) cando chegaría o 2º gol local antes da metade do 2º tempo. O Barro volcouse en intentar conseguir o gol da esperanza o que abriu máis portas pra que o Libertad sentenciase á contra, con grandes ocasións nos pes de Paúl (tocado no 1º balón que toca tras un plantillazo na canilla), Migui nunha contra de pro, e Jorge, pero pra non perder de toda a dinámica, un novo erro defesivo deixa só ó dianteiro visitante dentro da área que remata a placer sen que Andro poida chegar a atallar o balón. De aquí ó final o partido ténsase, con ocasións pra ambos equipos, ainda finalmente solventan as defensas, nalguna non sen problemas.
O Barro, como se esperaba, un equipo loitador e moi protestón pra drureza que eles lle imprimían ó xogo, ainda que non houbo que salientar ningún incidente.
O árbitro, que xa nos había pitado en pretemporada contra A Seca, estivo ben, dialogante (tamén podía ser máis caseiro), deixando xogar, errando nalgún fora de xogo ou en xogadas puntuais bastante claras pero non decisivas. Un dos mellores ata agora.
Destacar dos nosos que Andro solventou as poucas intervencións que tivo facilmente, a presencia de Jorge volve a ser cada vez máis decisiva, Beiro moi acertado, Juan M. impresionante dominou o mediocampo, igualmente Cristian fortísimo en defensa chegando a todo e gañando todo-los balóns divididos, e un Charlie que tamén volve a coller ritmo de xogo e que xogando de mediapunta marcouse un partidazo, dando gran presencia física, sobre todo por arriba, e metendo pases igual que o gran Sócrates.

Noraboa a todos, e a seguir esforzándose como ata agora, que a pesar de paus puntuais está comprobado que se acaba recollendo o fruto se se fan ben as cousas e se pon entrega.

Próximo encontro contra o Cerponzóns, a ver si continuamos a racha, e así logo ímoslle tomar unha á Luna.

Hay un equipo que vale un collón!!!
LIBERTAD!!!

viernes, octubre 30, 2009

Atl. Estación 3 - Libertad SC 0

Decepcionante resultado o colleitado polo Libertad no seu 1º encontro desputado no campo da Xunqueira este ano (hai 5 equipos que xogan alí), que a pesar de todo é bastante enganoso xa que o Estación só chegou 4 ou 5 veces con claridade, pero ben por erros ou despistes no marcaxe, transformaron case tódalas súas ocasións, estropeando o debut de Andro coa camisola aurinegra, que non puido facer máis nos goles.
Sairon de inicio: Andro na porta; Lemos lateral dereito, Pedro lateral esquerdo, e Cristof e Ministro como centrais; Victor e Juan M. na medular, con Migui en banda dereita e Tafá pola esquerda; Beiro e o retornado Jorge en punta. Tamén Xogaron: Iván L., Makaay, Fernando, Yerai e Charlie.
O encontro comezou moi disputado, con internadas de Jorge, Tafá e Beiro que non conseguían conectar o último pase. Despois dunha gran ocasión do Libertad, na seguinte un mal despexe acaba co balón nos pes do dianteiro pontevedrés dentro da área que fusila ó debutante Andro. O Libertad intenta repoñerse e xusto cando volve a coller o peso do partido outra contra "de pro" convértese en asistencia e gol a placer. O Libertad seguiuno intentando, cun Jorge moi loitador, igual ca Tafá, Beiro participativo e un inconmensurable Juan na media...pero o gol non chegou, e así, 2-0 chegouse ó descanso.
Na reanudación o Libertad mostrouse máis seguro atrás, xogando a maior parte do tempo no campo contrario, mentres o rival buscaba saídas rápidas que ben lle funcionaran na 1ª metade. Por máis que se intentaba o Estación cerrábase ben atrás e o gol non daba chegado, ata que pasado o medio tempo chegaría a sentencia nunha nova contra que colleu a defensa descolocada.
Dende ahí ata o final, aínda que se seguiu intentando xa non foi co mesmo ímpetu, xogaron todos os suplentes, incluido Charlie que acaba de sair dunha lesión, e non houbo que lamentar ningún incidente. Arbitraxe caseiro como é típico, pero é normal xa que o rapaz debía ter uns 16 anos, como pra compricarse coa chea de tolos que hai nesta categoría.
Hay que levantarse deste golpe, entrenar máis duro pra acadar ó nivel físico dos rivais da zona alta e demostrar que hai moito marxe de mellora.

Próximo partido na casa contra o Barro, rival duro.

A por todas rapaces, que aínda están os cochinillos en xogo!!!

Hay un equipo que vale un collón!
LIBERTAD

miércoles, octubre 21, 2009

Libertad 0 - Cesantes 2.

Amarga derrota, ante un Cesantes ben plantado e con oficio, que xa no min.5 adiantabase no marcador cun gran gol de vaselina tras un erro defensivo.
O Libertad cunha dianteira de circunstancias ante as baixas de Yerai,Maza,Jorge e Gus, non era capaz de crear ocasions de gol durante toda a primeira metade.
Xa na segunda cos cambios introducidos o equipo gaña enteiros e comeza a dominar o xogo, ainda asi, non somos quen de empatar o encontro a pesar de dispoñer de duas claras ocasions nos pes de Beiro.O tempo esgotase e o equipo volcase na busqueda dun gol, sen embargo, seria o Cesantes xa no desconto, aproveitando esta circunstancia o que apuntilla co 0-2.

En definitiva un partido que se nos escapa, que nos amosa que temos moi pouca pegada e que de poder gañalo suporia que o Libertad fose lider da categoria.

Entreno xoves Baltar e venres Noalla.

domingo, octubre 11, 2009

Berducido 0 - Libertad SC 1

Tarde espléndida pra estar na praia máis que chegar hasta Verducido, que por outro lado veu moi ben porque xa coñecemos como se sufre nese campo cando hai mal tempo.
O Libertad chegou coa idea de ter un partido tranquilo, quentando sen a concentración e intensidade (tal vez motivada pola ausencia inicial do tandem técnico debido a compromisos sociais ata a chegada de Lance a pouco de comezar) necesaria pra adaptarse a ese terreo de xogo e de ahí que na 1ª parte se vira un partido de pinball sen sentido, con ocasións e imprecisións pra ambos.
Unha productiva "bronca" no descanso fixo que o equipo saise máis concentrado e mellor situado no terreo de xogo, facéndose co dominio do partido. A pesar do ter máis o balón e dispor de varias ocasións, de novo a falta de pegada presaxiaba un empate, cando a falta de 5 minutos pra o final e de novo a balón parado Migui pon un bo centro que acaba na testa de Yerai pra por o que a postre sería o definitivo 0-1.
Xogaron: Velay na porta; lateral dereito Lemos e esquerdo Makaay con Ministro e Cris de centrais; Victor de pivote, Iván L. mediapunta, Fernando banda esquerda e Beiro na dereira; arriba Migui e Maza. Na 2ª metade entraron: Juan M., Yerai, Pedro, Pechu e Pablo.

Partido máis duro do esperado e que debe servir pra aprender dos errores propios e vicios, que de unha vez se debe xogar e intentar as cousas igual que se fan nos entrenamentos.

Maña ampliará Pechu un pouco máis a crónica.

Un pouco de sorte do noso lado tamén se botaba en falta.
Van 2 de 3, próximo partido na casa contra o Cesantes, a pola 3ª seguida... que sabedes que ten premio dobre!!!
Hai un equipo que vale un collón!!!
LIBERTAD!!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com