domingo, marzo 16, 2008

Libertad 0 - Barro 0.

Boa tarde para a practica do deporte rei, no Baltar de Arriba, cun gran abmiente nas bancadas por ambos bandos, que esperaban ver un emocionante duelo entre dous equipos igualados na taboa clasificatoria.
No eido deportivo, e a pesar de non ver ningun gol, o encontro fixo vibrar os siareiros con emocion, entrga, loita, expulsions...
Na primeira metade, o Libertad dispuxo das mellores ocasions, sacando o porteiro visitante "in extremis" dous potentes disparos, que semellaban xa dentro das mallas.Alguna timida chegada do Barro tras erros na zaga, era o mais perigoso que o visitantes podian ofrecer.O xogo por ambos bandos, non foi nada vistoso,e notouse a igualdade entre ambos, con mais empuxe fisico ca criterio a hora de mover o balon.
Xa na segunda, os animos incendiados polas bancadas foronse quentando, e o xogo duro impuxose entre os xogadores.Nos primeiros intres o Libertad parecia ter mais ipetu para levarse o tres puntos, e dalgunha ocasion dispuxo, pero tras o cambios o equipo, desdibuxouse e perdeu a iniciativa.Nos minutos finales, epulsion dun xogador visitante por adicarlle un cariñoso xesto a bancada aurinegra, e intres despois, vermella directa tamen, a Rodri por unha patada a destempo.Coa expulsion do capitan, todavia perdemos o norte, e o Barro botou o resto.Sen embargo e como xa sabedes, o marcador non se moveria, gran intervencion de Maza salvando os muebles, e un ultimo disparo de Gandara, que o bo porteiro visitante soubo atallar.
Reparto de puntos xusto, apesar de dispoñer das mellores ocasions.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

e a cronica?

Pechu dijo...

Estou redactando...

Anónimo dijo...

ok crack!

Anónimo dijo...

animo chavales.e os puntos?¿

Anónimo dijo...

partidazo....pero foi o día dos porteiros...tanto do noso (Maza) como o visitante.

apezar do resultado fue un buen partido...agora a puntuar nos 2 últimos partidos! a ser posible os 6 ptos!!!!!!!!!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com